Escalada · montaña · comunidade

18 · 19 · 20 Setembro 2026 · Budiño, Porriño

Xuntanza
Budiño 2026

Tres días de escalada, monte e comunidade nunha das localizacións máis icónicas do granito galego. Un evento claro, directo e pensado como club: progresar, compartir pegues e estar xuntos en Budiño.

18–20 Setembro Budiño, Porriño Todos os niveis Camiseta incluída
--
Días
--
Horas
--
Min
3
Días de escalada
Xuntanza
Un día para escalar, compartir e facer comunidade
+20
Anos de ALUD
Metros de granito

Tres días de rocha, comunidade e aventura

A Xuntanza Budiño, organizada por ALUD, reúne escalador@s de toda Galicia para desfrutar do granito único deste espazo natural. Deportiva, fisuras clásicas e bloque para todos os niveis.

Data
18–20 Setembro
Venres, Sábado e Domingo
Horario
9:00–20:00
Do amencer á posta
Lugar
Budiño
Porriño, Galicia
Participantes
Comunidade
O punto de encontro da escalada en Galicia
Xuntanza Budiño

Tres días de rocha e diversión

Todo o que necesitas saber para sacar o máximo partido á Xuntanza.

Venres 18 Setembro
21:00
Proxección Social

Sábado 19 Setembro
09:00
Recepción
10:00
Briefing de seguridade Obrig.
Normas da xuntanza, zona camper e indicacións de seguridade para o fin de semana.
10:30
Escalada libre
14:30
Comida zona merendeiro Social
Pausa para recuperar forzas e cargar as pilas para a tarde.
17:00
Obradoiro de ancoraxes, EGAM
18:00
Escalada libre
19:00
Obradoiro de técnica xestual de fisuras, EGAM
21:00
Cea zona merendeiro Social
23:00
Sorteo de material e agasallos Social
Sorteo nocturno de material e detalles dos patrocinadores entre as persoas inscritas.
00:00
Concerto dos MOSTRENCOS e noite de convivencia Social
Encontro social entre participantes.
Domingo 20 Setembro
10:00
Escalada libre
Encadenamento das mellores vías de Budiño.
12:00
Obradoiro de reunións, EGAM
13:00
Peche e despedida
Ata o ano que vén. Bo camiño a todos os participantes.

Para todos os niveis, con todo o necesario

Non importa se es principiante ou escalador avanzado. A Xuntanza está deseñada para que cada un desfrute ao seu ritmo.

01
Seguridade primeiro

A escalada realízase sen supervisión directa. É fundamental actuar con criterio, prudencia e respecto, priorizando sempre a seguridade propia e a das demais persoas usuarias.

02
Material

Trae o teu propio material. Cada participante debe asegurarse de contar co equipamento axeitado e en bo estado para a práctica.

03
Comunidade ALUD

Conecta con escalador@s de toda Galicia. Comparte coñecementos, aprende técnicas novas e fai amigos para toda a vida.

04
Granito galego único

Budiño ofrece un dos mellores granitos de Galicia: fisuras perfectas, placas técnicas e bloques variados para horas de escalada.

05
Obradoiros e pílulas

Aprende coa EGAM e técnic@s experimentados. Obradoiros de ancoraxes, fisuras e reunións.

06
Zona Camper

Zona de aparcamento de autocaravanas e campers. Conecta de verdade coa natureza e os teus compañeiros do club.

🟢 Principiante 🟡 Intermedio 5c–6c 🔴 Avanzado 7a+ 🟣 Clásica / Fisuras
Ascensiones en Budiño
Material de escalada

Fácil de atopar, difícil de esquecer

As rochas de Budiño están a poucos minutos do Porriño, con acceso cómodo en coche. O mapa queda centrado na localización correcta do evento: Faro de Budiño, para evitar erros de chegada.

1

Dende Vigo

Autovía A-55 dirección Portugal, saída la salida 18B hacia Porriño(Sur)/Salceda/Salvaterra. Sigue por PO-510 hasta tu destino. ≈ 35 min desde o centro de Vigo.

2

Aparcamento

Zona de coches e zona de campers & autocaravanas. Non obstaculizar o paso de maquinaria.

3

Acceso a pé

Desde o aparcamento, 10–15 minutos andando pola pista forestal.

Abrir en Google Maps
42.1287598° N · -8.5847568° W
Localización correcta do evento · Faro de Budiño · punto preciso para navegación
Ver mapa completo

Recomendacións

Zapatos de aproximación recomendados
Zona de aparcamento para autocaravanas e campers

Inscríbete á Xuntanza

Prezo por fases segundo a data. A inscrición inclúe acceso ás pílulas formativas, camiseta oficial* e tickets para consumición. Camisetas até esgotar existencias.

Ata 15 días antes do evento
20
preventa · por persoa · fin de semana completo
  • Pílulas formativas incluídas
  • Camiseta oficial do evento
  • 2 tickets para consumición
  • Acreditación e acceso 3 días
  • Obradoiros e pílulas de escalada
  • Zona Camper (ven–dom)
  • Sorteos e premios
  • Camisetas até esgotar existencias
Pagar agora – €20
O mesmo día · in situ
25
inscrición presencial · suxeita a dispoñibilidade
  • Pílulas formativas incluídas
  • Camiseta oficial do evento
  • Acreditación e acceso 3 días
  • Obradoiros e pílulas de escalada
  • Zona Camper (ven–dom)
  • Sorteos e premios
  • Camisetas até esgotar existencias
Pago in situ – €25
Límite de camisetas
Camisetas até esgotar existencias
Menores de 16 anos
Entrada gratuíta acompañados dun adulto inscrito
Forma de pago
Ata 15 días antes actívase o TPV de €20. Durante os 15 días previos actívase o TPV de €25. O mesmo día só se admite pago in situ por €25.
Inclúe a inscrición
Acceso ás pílulas formativas, camiseta oficial e ticket para consumición.
Pago in situ
O prezo de €25 só se habilita o mesmo día do evento e queda suxeito ás prazas dispoñibles no momento da chegada.
Camiseta
Indica a túa talla ao inscribirte (XS a XXL)

Política de cancelacións e devolucións

A formalización da inscrición implica a aceptación expresa das presentes condicións.
Aprazamento, suspensión ou cancelación
No caso de que o evento teña que ser aprazado, suspendido ou cancelado por causas alleas á organización, incluíndo, con carácter enunciativo e non limitativo, condicións meteorolóxicas adversas, situacións de forza maior, motivos de seguridade, restricións ou resolucións ditadas por autoridades municipais, provinciais, autonómicas, estatais ou calquera outra administración competente, non procederá a devolución do importe da inscrición.
Destino da cota
O importe da inscrición destínase á planificación e organización do evento, incluíndo a contratación de relatores e colaboradores, seguros, reservas de instalacións e espazos, material, servizos loxísticos e outros gastos asumidos con anterioridade á súa celebración.
Nova data
Sempre que as circunstancias o permitan, a organización procurará aprazar o evento a unha nova data, mantendo a validez das inscricións xa formalizadas. No caso de que isto non sexa posible, a organización poderá adoptar as medidas alternativas que considere máis axeitadas segundo as circunstancias.
Modificacións do programa
A organización poderá modificar o programa, os horarios, as localizacións, as actividades, os obradoiros ou calquera outro aspecto do evento por motivos organizativos, de seguridade ou por causas de forza maior, sen que estas modificacións dean dereito á devolución da cota de inscrición.